Sábado, 4 de marzo de 2023 20:00 hs.
Auitorio Municipal Gustavo Freire
‘O Zoqueiro’ e un espectáculo único creado por Iván Villar, acompañado por Ariadna Vázquez. Unha posta en escena arriscada, con numeroso bailaríns e músicos perfectamente coordinados. Os cambios de vestiario e de escenografía déronlle a forma final a esta montaxe.
Conta a historia dun zoqueiro que, acompañado do seu axudante, chega a unha vila e abre o seu taller. A vida da vila transcorre entre eles: mercado, festas, ledicia… e tamén amor, pois o zoqueiro namórase de Xorima, e é correspondido, en contra da vontade do seu pai. Disputas, momentos de tensión, meigallos, maxia… que envolven á perfección esta historia de amor. O final… Non se conta, hai que velo.
Acompañando a Falcatrueiros, Costa Rica e Paraguai, que amosaron as súas danzas e músicas, enriquecendo culturalmente a todos os asistentes e achegándonos un pedaciño dos seus países.
ENTRADA DE BALDE PREVIA RETIRADA EN ENTRADASLUGO.ES
Dispoñibles tamén en billeteira antes do comezo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte