martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Espectáculo: Tabú de Carmen Conde e Laura Lamontagne

15 de marzo, 2019 - 21:00

Espectáculo: Tabú de Carmen Conde e Laura Lamontagne

Espectáculo: Tabú de Carmen Conde e Laura Lamontagne

Carmen Conde presenta o seu novo espectáculo “Tabú” na Sala Hipócrita o 15 de marzo, un show de narración oral con música ó vivo interpretada por Laura LaMontagne que dará comezo ás 21h.

“Tabú” é froito das conversas mantidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

“Tabú” nace para transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.

As entradas, que teñen un prezo de 8€, poden reservarse enviando un correo-e a: hipocritateatro@gmail.com

Na montaxe do espectáculo participaron tamén Neves Seara, responsable do deseño, iluminación e escenografía, e Avelino González, que exerceu como asesor de escena

Detalles

Fecha:
15 de marzo, 2019
Hora:
21:00
Categoría del Evento:

Local

Ítaca. Artes Escénicas
R/ Doutor Gasalla, 18
Lugo, 27004
Teléfono:
635 85 22 67
Web:
https://www.facebook.com/itacaartesescenicas/
X