
- Este evento ha pasado.
Espectáculos do «Tarde e tardiña» Xoves 22-07
22 de julio, 2021

Espectáculos do «Tarde e tardiña» Xoves 22-07
XOVES 22/07
Tarde 18:30
Abracadaver, de AsSircópatas
Duración: 45 minutos
Idade recomendada para todos os públicos
Volve Rogelio, cun espectáculo desde a súa casa. Unha cura colectiva para perder o medo. Unha terapia de choque. Cos números de circo máis terroríficos que xamais se viron e que nos porán os pelos de punta. Malabares, faquirismo, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas máis non aptas para cardíacos.
Tardiña 21:00
Vigo-Xinzo-Lalín-extravío
Chus Pato, Oriana Méndez, Xabier Xil Xardón e Leo Arremecághona
Cómpre transitar o verso como unha estrada do mar, unha pista forestal, a segunda vía. Apartarse do camiño na procura da promesa, coma situacionistas de Debord. Chus Pato, unha das voces fundamentais e de máis percorrido internacional da poesía galega contemporánea, a poética críptica e exploratoria de Oriana Méndez e o ensamble de versos con ecos do Delta de Matamá: a reivindicación do rural coa poesía lúcida de Xabier Xil Xardón e a transgresión rebelde do Leo Arremecághona. Extravío para respirar.
Todos os eventos de “Tarde e Tardiña” terán lugar na Canella do Hospital, e en caso de choiva trasladaranse á carpa da praza da Soidade. A entrada será gratuíta ata completar a cabida do recinto. Poderá solicitarse máis información nas redes sociais da área de Cultura ou no 010 (982 297 350)
Ciclo cultural promovido por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo