
- Este evento ha pasado.
Espectáculos do «Tarde e tardiña» Xoves 29-07
29 de julio, 2021

Espectáculos do «Tarde e tardiña» Xoves 29-07
XOVES 29/07
Tarde 18:30
Carman, de Javier Ariza
Duracion: 50 minutos
Idade recomendada a partir de 4 anos
Carman é unha comedia de rúa para un showman e un Seat 600, un divertido espectáculo no que o coche icónico da mobilidade cobra vida e rematará por conducir sen conductor nunha rutina musical e circense que pode chegar a Eurovisión.
Tardiña 21:00
Ítaca Paradiso
Antía Otero, Alba Cid, Ismael Ramos, Gonzalo Hermo e Luís Monsalve (piano)
A illa, dende Circe a Homero, é sempre un territorio de excepción, tamén de posibilidade. A poesía esencial e vianesca de Antía Otero, o canto carsoniano e internacionalista de Alba Cid, co coro intimista de Ismael Ramos e Gonzalo Hermo, viaxa coa música no piano de Luís Monsalve, de regreso a un paradiso chamado poesía. Escoitade o murmurio ao lonxe, o eterno si do mar do que falaba Homero. Sssshhh…
Todos os eventos de “Tarde e Tardiña” terán lugar na Canella do Hospital, e en caso de choiva trasladaranse á carpa da praza da Soidade. A entrada será gratuíta ata completar a cabida do recinto. Poderá solicitarse máis información nas redes sociais da área de Cultura ou no 010 (982 297 350)
Ciclo cultural promovido por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo