
- Este evento ha pasado.
Estrea do documental e coloquio “Ciudad de la Selva
14 de octubre - 20:30

Estrea do documental e coloquio “Ciudad de la Selva»
Tras máis de cinco anos de investigacións, tres anos de produción, unha intensa campaña de crowdfunding e unha pandemia mundial; finalmente chegará á gran pantalla en Lugo a historia da “Ciudad de la Selva: fuxidos e guerrilleiros montes de Casaio», dirixida por Miguel Riaño e producida por Metropolis.coop.
Este documental, que acaba de gañar o premio a mellor documental no Festival de Cine Independente de València (Valèiff), baseado no traballo científico da Asociación Sputnik Labrego, recolle a historia da Ciudad de la Selva, o conxunto de campamentos que a guerrilla antifranquista estableceu nos escarpados montes de Casaio e que foron ocupados tras a guerra civil española.
Un xacemento arqueolóxico abandonado que o equipo de Sputnik Labrego escavou en varias campañas desde o ano 2017, cuxos resultados son a base da peza que se presentará nos cines Codex de Lugo.
Un documental que se nutre, ademais, de decenas de entrevistas realizadas aos protagonistas desta intensa historia. «A idea principal do documental é que existen aínda historias traumáticas do pasado recente que deben ser postas en discusión. Unha forma de xustiza histórica e de reparación das vítimas da represión e a violencia», remata o director do filme.
A presentación do documental realizarase nos cines Codex (Plz Viana do Castelo, 3 Baixo en Lugo) coa colaboración da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo. Tras a proxección, intervirá Carmen Blanco (membro da ADVF) e Miguel Riaño (director do filme).
O evento comezará o venres 14 de outubro ás 20:30 horas.