Expo e concerto homenaxe ao músico José Vázquez
O Centrad abre o venres 01/07 unha exposición de violas en homenaxe ao músico José
Vázquez
A Capela de Santa María acollerá un concerto o luns 04/07 de música renacentista a
cargo da formación Capela Compostelana
A programación rememora o paso por Lugo do músico de orixe cubano, que
en 2008 expuxo no Museo de Lugo unha colección de instrumentos musicais
de corda dos séculos XVI até o XVII única no mundo, ademais de dirixir á
formación Orpheon Consort en distintos concertos interpretados cos
instrumentos exposto.
Exposición “Homenaxe a José Vázquez”, desde o 1 de xullo
A mostra reúne 13 instrumentos de corda, na súa maioría violas da gamba
máis tamén outros da familia da viola como o pardessus -que se toca no
regazo- ou a xiga, un instrumento medieval considerado precursor da
viola de gamba, barroca.
Concerto “The Cries of London”
A Capela de Santa María acollerá o luns 4 ás 20.00 horas un coloquio e
concerto titulado “The Cries of London”, no que a formación Capela
Compostelana – con Francisco Luengo na dirección e á viola da gamba
soprano; Sara Ruiz, viola da gamba tenor; Mª Alejandra Saturno, viola da
gamba baixo; eXurxo Varela, viola da gamba baixo e soprano- interpretará
un repertorio de cancións, fantasías e danzas do Renacemento inglés.
Acompañará a voz da soprano Raquel Mendes.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte