
- Este evento ha pasado.
Exposición de Pintura (des)trazos – Adolfina Mesa
2 de mayo, 2019 - 20:00

Exposición de Pintura (des)trazos – Adolfina Mesa
A exposición (DES) TRAZOS intégrase nunha estrutura de forza, diálogo e cromatismo onde a cor e forma, procuran alcanzar a sensibilidade harmonicamente. Unha construción onde “Arte” sexa máis que pintura e transcenda ao lirismo da poesía.
A artista e poeta Adolfina Mesa ten como fin o achegamento e comprensión do público á obra: pola súa temática evolutiva en conceptos e cromatismos.
A exposición terá como protocolo unhas palabras de presentación e benvida por parte da Xerente da Galería La Ferretería Eventos & Co Carmen Figueroa, seguida de palabras de benvida da Artista Adolfina Mesa e facer entrada a un pequeno espazo poético dun grupo de poetas invitados a recitar según o orden establecido para logo rematar cun pequeno brindis de arte e amizade.
Poetas e artistas invitados a recitar:
Luz Darriba, Figueroa Adela Clorinda, Ana Mar Fraga Rabade, Luisa Paz Montenegro, Conchita Paz Montenegro, Montse González Alvarez, Toño Núñez, Jesús María Trashorras Nogueira e Martiño Maseda.
La Ferretería Eventos & Co. Rúa San Froilán 11, Lugo.
Aberta ao Público dende 02 de maio ata o 28 de Maio 2019 en horarios da Galeria.
Horarios: Luns a Venres 17:00 – 20:00 hrs.
Sábados: 11:00 – 14:00
Colaborador: Culturalia GZ