
- Este evento ha pasado.
Faladoiro Feminista: feminicidio
16 de noviembre, 2018 - 20:00

Salón de Actos do Vello Cárcere ás 20:00 horas. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
Novos conceptos para pensar a violencia: feminicidio, a cargo de Carme Adán.
Carme Adán, doutora en Filosofía pola USC. Profesora de Ensino Secundario no IES Politécnico de Vigo. Foi coordenadora da Aula Castelao de Fª. e deputada autonómica polo BNG. Dende 2005 é membro da Comisión de Xénero do Consello da Cultura Galega.
Falará de novos conceptos para pensar a violencia. Conceptualizar é politizar, di Celia Amorós. E ademais facelo na causa recta, senón non lograremos avanzar na despatriarcalización social, que dá cobertura á desigualdade e á violencia estructural. Violencia e dominio son as dúas caras dunha mesma moeda e forman parte do sistema.Porque nos queremos rebelar contra este estado de cousas, temos que falar e pensar da man de Carme Adán.