sábado, octubre 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Faladoiro feminista en Lugo: A cultura na (des)igualdade

8 de febrero, 2019 - 20:00

Faladoiro feminista en Lugo: A cultura na (des)igualdade

A cultura na (des)igualdade: o novo faladoiro feminista que celebran Concello e Deputación este venres, no Pazo de San Marcos

Laura Freixas dirixirá o relatorio, que organiza a entidade local e a provincial, en colaboración co Foro Feminista Maruja Mallo. É a partir das 20:00 horas e a entrada é gratuíta ata completar aforo

A cultura na (des)igualdade centrará o novo faladoiro feminista que celebran Concello e Deputación este venres, 8 de febreiro, neste caso no salón de actos do Pazo de San Marcos.

Esta é a cuarta das 7 charlas e conferencias que organiza a entidade local e a provincial, en colaboración co Foro Feminista Maruja Mallo ata o mes de maio. Todas as intervencións son ás 20:00 horas no Vello Cárcere, salvo a deste venres, que se muda á Deputación, e a entrada é gratuíta ata completar aforo.

Laura Freixas dirixirá este relatorio. Licenciada en Dereito, sempre se dedicou á escritura. Fundou e dirixou a colección literaria El espejo de tinta e tamén dirixiu un número monográfico de Revista de Occidente. É columnista de La Vanguardia, foi crítica literaria para El País. Foi cofundadora da asociación Clásicas e Modernas, que no 2016 impulsou o Día das Escritoras.

A iniciativa dos Faladorios Feministas naceu o pasado ano co fin de crear un espazo de reflexión e estudo sobre o papel da muller na actualidade, dende un punto de vista feminista.

Ata o mes de maio ofreceranse as seguintes charlas: Son as mulleres vulnerábeis: pensando a xustiza e a igualdade, a cargo de María Xosé Agra o 15 de marzo; A vida laboral das mulleres, a cargo de Marisa Soleto o 26 de abril e A fábrica social da feminidade, a cargo de Mercedes Expósito, o 24 de maio.

Detalles

Fecha:
8 de febrero, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X