domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Feira da Artesanía de Outeiro de Rei

7 de julio, 2018

100 expositores repartidos nas sección de artesanía, alimentación e outros postos e entidades.

IV CARREIRA SOLIDARIA

CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE DE OUTEIRO DE REI
inscrición libre e gratuíta o mesmo día da feira (7/07/2018) na caseta do Concello de Outeiro de Rei entre as 9:00 h e as 10:30 h.

XOGOS, TALLERES E ESPECTÁCULOS.
A partir das 12:00 h, están previstos varios obradoiros dirixidos a nen@s e rapaces/zas pero sen esquecer ás persoas maiores:
Na rúa Manuel María haberá un obradoiro de maquillaxe
No Campo de Santa Isabel os seguintes obradoiros:
– obradoiro de animais, para facer animais con elementos naturais e obxectos de refugallo
– obradoiro de móbiles, no que se farán móbiles con diferentes símbolos celtas
– ximkana de xogos cooperativos (xogos de contacto, de distensión…)
– obradoiro de xogo tradicional (sogatira, pita cega, carreira popular de sacos…)
Estas actividades están na súa maior parte dirixidas a un público infantil con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos e en varias delas repartiranse varios premios aos/ás participantes que gañen algunha proba (mochilas, camisetas, xogos de entretenemento…).

ACTUACIÓNS MUSICAIS:
Ás 13:00 h, diante do Concello, terá lugar a actuación da Banda Municipal de Música Sons e Soños dos Concellos de Rábade, Outeiro de Rei e Begonte.
Ás 13:30 h, no Campo de Santa Isabel, nas proximidades da carpa destinada á comida, actuará o Grupo de Gaitas da Asociación Cultural Penas de Rodas que tamén animará as rúas da vila a partir das 18:00 h.
Ás 19:30 h, na Praza do Concello, exhibición de baile rexional infantil a cargo dos nenos e nenas da Agrupación de Baile Infantil Outeiro de Rei.

Detalles

Fecha:
7 de julio, 2018
Categoría del Evento:
X