
- Este evento ha pasado.
“Festa das flores” – A Tinería
25 de agosto

“Festa das flores” – A Tinería
De 11.00 a 21.00 h. Música e photocall
De 11.00 a 12.00 h. Pasarrúas con carriño musical que percorrerá as rúas do barrio difundindo as actividades do movemento LocaLmente Lucense.
De 11.00 a 14.00 h. Apertura do Mercadiño de flores.
De 11.00 h. a 12.00 h. Obradoiro “Xardinería de balcón”: dirixido a persoas que desexen aprender a crear un xardín que adorne o seu balcón e queira facer lucir a súa fachada de xeito colorido durante todo o ano.
De 12.00 h. a 13.30 h. Obradoiro infantil “Postais florais”: xogamos e creamos as nosas postais florais con manualidades en formato A4. As crianzas que veñan a este obradoiro tamén poderán participar coas súas creacións no Concurso infantil de creacións de flores e xardín.
De 12.30 h. a 14.30 h. Paseo dos zancudos: as rúas vense animadas polo paso dos zancudos xigantes caracterizados para a ocasión.
De 13.30 h. a 15.30 h. Sesión vermú a cargo de DJ Alex Mei.
Ata as 13.30 h. Recepción de debuxos para o concurso infantil de creacións de flores e xardíns
De 17.00 a 21.00 h. Apertura do Mercadiño de flores.
De 18.00 h a 19.30 h Obradoiro infantil “Saquiños de perfume floral”: aprendemos a reciclar flores e materiais para facer saquiños de perfumes florais. Doado, útil e divertido!
De 19.00 h a 21.00 h Paseo dos zancudos: as rúas vense animadas polo paso dos zancudos xigantes caracterizados para a ocasión.
De 19.30 h a 20.30 h Caxoto contacontos
De 20.30 h a 21.00 h Deliberación do concurso “O balcón das flores”: decora o teu balcón, os mellores terán premio!
1º PREMIO: vale de 350 euros para gastar nos establecementos do movemento
2º PREMIO: vale de 175 euros para gastar nos establecementos do movemento
3º PREMIO: vale de 75 euros para gastar nos establecementos do movemento
5 accésits: vales de 25 euros para gastar nos establecementos do movemento
De 21.00 h a 21.30 h Concurso infantil de debuxos de flores e xardíns: presenta as túas creacións en formato A4 cos teus materiais favoritos. Límite de idade: 11 anos incluídos. Expoñerémolos e sobre as votacións populares faremos reconto para a entrega dos premios.
CRIANZA GAÑADORA: vale de 50 euros para gastar nos establecementos do movemento
2 CRIANZAS FINALISTAS: vale de 25 euros para gastar nos establecementos do movemento
De 21.30 h Entrega de premios
De 22.00 h a 23.30 h. Actuación musical de La Disquetera