Festa de apertura do Mercado de Nadal
16:30 Pza Maior
Dende esa hora e até entrada a noite (21:00 horas) a Praza Maior locerá con todo o seu esplendor ofrecendo música, actividades e tamén unha saborosa chocolatada.
O poboado, composto por 5 casiñas de cores (vermello, verde, azul, laranxa e morado) exercerá de zona de esparexemento para as crianzas, onde permanecerá instalado un photocoll do que poderán saír cunha imaxe para o recordo dun Nadal máxico.
Os nenos e nenas da cidade poderán, alén, poñer a proba todo o seu enxeño no Laboratorio de Xogos, un espazo con múltiples divertimentos no que as e os adultos serán tamén ben recibidos.
A xornada inclúe, así mesmo, unha Disco Móvil dirixida por un elfo que convidará a cantar e a escorrentar o frío a pequenos e grandes por igual, mentres que os seus compañeiros, aproveitando as melodías, dirixirán unha sesión de actividades cooperativas e coreografías para toda a familia.
Como merenda, a área de Cohesión Social – encargada da organización do evento – convidará dende a Cabana de Lambetadas a unha saborosa chocolatada, aderezada polos Zancudos de Laponia, que percorrerán o mercado interactuando coas persoas asistentes e os comerciantes e deixándose retratar sen reparos con quen lle lo solicite.
Serán Os Ildefonsos, tres nenos grandes que seguen tocando as cancións que os facían felices no Nadal, os que, co seu Concerto de Cantos poñan o broche de ouro ao acto.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte