Festival 50 Anos das Escolas de Cántigas e Frores
«O martes 21 de xuño celebraremos un festival para conmemorar os 50 anos de funcionamento das Escolas de Cántigas e Frores postas en marcha no ano 1972.
O festival celebrarase no Auditorio Gustavo Freire ás 20h e actuarán tódalas escolas e grupos oficiais da nosa Asociación.
Nesta ocasión tan especial convidaremos aos mestres e mestras de todos estes 50 anos para facerlles unha pequena homenaxe.
A entrada é de balde, pero faremos unha operación kilo para colaborar co Banco de Alimentos de Lugo, polo que agradecemos calquera doación, por pequena que sexa.
Se non poideran asistir ao festival, poden deixar os produtos non perecedeiros no local social de Cántigas.»
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte