lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festival de Jazz de Lugo: concerto de Andrea Motis Quintet

9 de noviembre, 2019 - 20:30

Festival de Jazz de Lugo: concerto de Andrea Motis Quintet

Programa completo do Festival de Jazz de Lugo 2019

A trompetista, cantante e saxofonista, Andrea Motis, gravou con 14 anos de idade o disco «Joan Chamorro Presenta Andrea Motis» co que vemos o talento precoz de este fenómeno mundial do jazz que hoxe en día, con 23 anos e 6 discos, ofrece regularmente concertos en Europa, Xapón e América, e xa ten un documental sobre a súa vida.

Presentará o seu debut en solitario baixo o mítico selo Impulse! Records co álbum Emotional Dance, onde o fixeron estrelas como John Coltrane, Charles Mingus, Ray Charles, Duke Ellington, Count Basie, Dizzy Gillespie e Max Roach.

A súa voz é comparada con Billie Holiday e Norah Jones e destaca en pezas como a versión que interpreta de “He’s Funny That Way” de Charles Daniels y Richard Whiting ou de temas de Franck Loesser “Never Will I Marry”, da canción de Cole Porter “You’d Be So Nice To Come Home To”, a de Johnny Mercer “I Remember You” ou de Antonio Carlos Jobim y Vinicius De Moraes “Chega de Saudade”, e nas súas composicións propias.

 

Andrea Motis Quintet
Andrea Motis: trompeta, voz e dirección musical
Ignasi Terraza: piano
Josep Traver: guitarra
Joan Chamorro: contrabaixo
Esteve Pi: batería

As entradas se poden mercar na plataforma online notikumi, na caseta do Festival (Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes) están á venta entradas para os concertos do Círculo das Artes (12 euros xeral e 6 euros para estudantes) e o abono para tódolos concertos (70 euros); e no caso dos concertos do Clavi na mesma sala.

Detalles

Fecha:
9 de noviembre, 2019
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Círculo das Artes
Praza Maior, 23
Lugo, Lugo 27001 Spain
Teléfono:
982 225 051
Web:
http://www.circulodelasartes.org/web/es/portada/
X