jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festival de Jazz de Lugo: concerto de Carola Ortiz Quartet

11 de noviembre, 2019 - 20:00

Festival de Jazz de Lugo: concerto de Carola Ortiz Quartet

Programa completo do Festival de Jazz de Lugo 2019

Carola Ortiz, cantante, clarinetista e compositora, encóntrase activa na escena do jazz, na da canción de autor e na das músicas do mundo con colaboracións nacionais e internacionais con artistas como Coetus, Giulia Valle, Rocío Márquez, El Niño de Elche e Raúl Rodríguez, só por citar algúns.

O seu primeiro disco «Sirin» quedou doblemente nominado a mellor jazz álbum vocal e mellor álbum debut no premios americanos Independent Music Awards 2017. Ademáis ten catro discos editados con bandas propias e colaborou como cantante e/ou clarinetista en máis de 15 proxectos discográficos (rock, jazz clásico, jazz moderno, folklore, fusión, música brasileira, pop, experimental e música hindustaní).

No seu segundo disco, Spirala, Carola Ortiz canta, toca o clarinete e produce as súas composicións para as cales escolleu un equipo de músicos estelares da escena jazz.

Carola Ortiz: voz e clarinetes
David Xirgu: batería
Pau Lligadas: contrabaixo
Néstor Giménez: piano

Carola Ortiz é profesora de canto, clarinete e improvisación na «Escuela Superior del Taller de Músics» en Barcelona

Entrada libre ata esgotar localidades 20:00 H – Casa do Saber USC

Detalles

Fecha:
11 de noviembre, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X