
- Este evento ha pasado.
Festival de Jazz de Lugo: concerto de Luis Verde Cuarteto
14 de noviembre, 2019 - 23:00

Festival de Jazz de Lugo: concerto de Luis Verde Cuarteto
Programa completo do Festival de Jazz de Lugo 2019
Tralo éxito recollido cos seus dous anteriores traballos discográficos, World of Distractions (Youkali Music, 2012) e In Lak’ech Hala K’in (FSNT, 2015), Luis Verde continúa exhibindo una curiosidade perpetua na procura de horizontes sen explorar. Esa personalidade inquieta permitiulle plasmar no último álbum unha música profundamente paisaxística, atrevida e sorprendente, un son cálido e vibrante impregnado dunha orixinalidade rítmica extraordinaria. A banda, formada por catro eminentes músicos da nova escena jazz europea, desborda enerxía en vivo. Mostra unha tremenda liberdade interpretativa e consegue xerar un vínculo realmente profundo co oínte.
Luis Verde: saxo alto
Alberto Brenes: batería
David Sancho: piano
Dario Guibert: contrabaixo
As entradas se poden mercar na plataforma online notikumi, na caseta do Festival (Praza Maior, fronte ao Círculo das Artes) están á venta entradas para os concertos do Círculo das Artes (12 euros xeral e 6 euros para estudantes) e o abono para tódolos concertos (70 euros); e no caso dos concertos do Clavi na mesma sala.
–