
- Este evento ha pasado.
Festival en Lugo con oito orquestras galegas
2 de octubre, 2021 - 17:00

Festival en Lugo con oito orquestras galegas
SÁBADO 02/10
Nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
Actuarán as orquestras Costa Dorada, Arizona, Suavecito, Salsarena, Alma Latina, Lume, Tapyoka e Limón.
O espectáculo comezará ás 17.00 horas e terá unha capacidade máxima para 1000 persoas, que estarán de pé e con división en sectores para garantir a distancia e o resto de medidas de seguridade.
Cada unha das orquestras participantes ofrecerá cadanseu concerto duns 45 minutos de duración e todas as actuacións serán no mesmo emprazamento, ao aire libre.
A entrada será gratuíta, previa reserva na web www.woutick.es.
No caso de non esgotarse por esta canle, as localidades dispoñibles poderán ser retiradas no propio acceso ao recinto.