
- Este evento ha pasado.
Festival Músicas Diversas
29 de octubre, 2021 - 20:30 - 30 de octubre, 2021 - 20:30

Festival Músicas Diversas
O 29 e 30 deste mes na Sala Tebras
O festival MÚSICAS DIVERSAS ofrece unha mostra dos diferentes estilos musicais que se están a desenvolver en Galicia por novos creadores que apareceron nos últimos tempos. Música pop, rock, cantautores, músicas do mundo, swing, blues desfilarán polo escenario da Sala Tebras a vindeira fin de semana.
Desde Lugo SILVIA CHIGLIAK E ADRIÁN ARIAS forman un dúo de piano e voz que recrean éxitos de diferentes épocas e estilos.
O lugués SAULO SAUSE únese a Paul Baker nunha parella onde a música creada polo británica afincado na Ribeira Sacra desenvolve un son típico das illas británicas.
LE BARLUTHIER trátase dun pianobar literal e itinerante nunha viaxe no tempo aos anos 30, 40 e 50 coa música jazz, swing, dixie ou latin a través dun espectáculo cómico musical.
O trío BARBAÑA BLUES chega desde Ourense coas súas versións de blues americano reinterpretando aos clásicos dun xeito moi persoal.
O Grupo FUA é un cuarteto de corda pouco convencional. A pesar de que os seus integrantes teñen unha formación clásica, o principal obxectivo do grupo é o de facer unha versión música moderna cunha agrupación de cuarteto clásico, achegando así estes instrumentos a un público máis amplo.
A banda KAF! formada por músicos de O Porriño e Mos darán conta dos seus novos temas nos que levan traballando desde o ano 2020.
Carolina Rubirosa é unha das artistas emerxentes do panorama musical galego cunha importante traxectoria as súas costas; ten compartindo escenario e gravando traballos con artistas como Coque Malla ou Andrés Calamaro. Gravou coa Real Filharmonía de Galicia e gañou varios concursos musicais como o «Revolution Unplugged» de Europa FM.
Sr. Salvaje parte de sons que recordan ao rock estatal de toda a vida, sen esquecer os seus grandes referentes do rock americano dos anos 70. Rock&Roll tradicional, con toques Hard e en castelán que é fiel herdanza da bagaxe musical deste país. SR. SALVAJE crea e constrúe un son directo, visceral e con clase, traballando dende a idea de liberdade e autenticidade. Unha banda sen trampas nin curvas. Un concepto romántico de banda de rock and roll.
INFO e ENTRADAS en CALDIAE