sábado, octubre 1, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Foliada de Inverno de Castiñeiro Milenario

9 de marzo, 2019 - 19:00

Foliada de Inverno de Castiñeiro Milenario

Foliada de Inverno de Castiñeiro Milenario

Lugar: Casa do Pobo da Asociación Veciñal do Castro (Begonte).

I Ciclo de Cine Galego de Castiñeiro Milenario.

Proxección do mediometraxe documental de Xurxo Souto e Martín Rodas titulado “Dos Gaiteiros do Mar”. A película proxectarase ás 19:15 e servirá tamén como unha pequena lembranza a un dos seus protagonistas, Lito de Pinténs, recentemente falecido.

Concerto da banda de gaitas, Sons da Chaira. A partires da 8 da tarde, a banda vai tocar o repertorio co que representaron, de xeito fantástico, á Escola de música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei no afamado Festival de Lorient este pasado verán.

Logo dun ratiño para repoñer forzas e dar paso aos momentos festeiros coa foliada propiamente dita, que empezará a partir das 21:15, aproximadamente. Nesta ocasión contamos con dous grupos. Por primeira vez, cruzamos a fronteira luguesa e veñen a facer unha festaza das boas, Os Feroces da Galgueira, desde As Pontes, e despois, un dos grupos míticos da música tradicional de Lugo, A Volta do Agro. Sen dúbida dúas agrupacións que van facer que o torreiro se quente en pleno inverno. Ao remate da súas intervencións, comezará a foliada aberta.

Detalles

Fecha:
9 de marzo, 2019
Hora:
19:00
Categoría del Evento:
X