miércoles, junio 29, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Fulgor/ Lectura danzada de María Gabriela Llansol

11 de mayo, 2018 - 18:00 - 19:00

Lugar: Claustro da catedral de Lugo

A entrada é de balde e farase pola entrada da fachada da catedral que dá á Porta de Santiago (Museo diocesano) Agradecese puntualidade.

“A matéria prima do texto é o confronto/adequação dos afectos e da língua, sobre o solo de um lugar, que é sempre um corpo e uma paisagem falando-se” Maria Gabriela Llansol

Este é un convite. Un convite que comeza cunha pregunta: como ler? Un convite que xorde de caer dun texto: o de Maria Gabriela Llansol.

‘Legentes’, chamaba Llansol aos lectores, para destacar esa actividade de crear o libro continuamente, actividade que é coma un encontro amoroso, cando un ser e un texto se transforman mutuamente.

Como lemos? Lemos o libro enteiro? Posuímos a lectura como estamos afeitas a posuír outras cousas? Ou deixamos que unha frase nos lance de novo á paisaxe?

No claustro da catedral de Lugo, o venres 11 de maio ás 18.00 horas, varias lectoras nos reuniremos para probar outras maneiras de ler. Para rebordar a postura dun corpo sentado, nun corpo en movemento que le a un tempo o texto e o espazo. Para ilimitar o pracer do texto e, coma quen cose, dar puntadas na pedra coa liña que se dispara da frase.

O texto de Llansol constrúese co que ela denominou ‘cenas fulgor», loairas na escritura, luz que se abre no texto suxeita só ao móbil do atmosférico… ou do corpo que danza. Así, as lectoras participantes lerán só en voz alta aquelas frases fulgurantes de cada libro escollido desta autora, as frases que esperten o afecto. E o espazo acollerá ese texto, coma se fose un libro no que se escribe.

Todos os fragmentos lidos serán posteriormente recollidos nunha edición limitada, que poderedes conseguir a través do correo electrónico amboaeditorial@gmail.com.

Este é un proxecto de Nieves Neira, María Corral Fernández e Marta Castro, no marco do curso de ‘Novas tendencias en edición literaria’, organizado pola Fundación Uxío Novoneyra no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo. Para a lectura contamos coa colaboración da Asociación 3monos para a promoción das artes escénicas. Tamén colaboran a Fundación Tic e o Museo Diocesano.

Detalles

Fecha:
11 de mayo, 2018
Hora:
18:00 - 19:00
Categoría del Evento:
X