
- Este evento ha pasado.
Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2021
29 de octubre, 2021 - 18:00

Gala dos Premios Mestra e Mestre da Memoria 2021
A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestras e Mestre da Memoria 2021 respectivamente a Teresa dos Cucos e Aurelio Ramos Ogando, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.
As distincións entregaranse no marco da VI Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria a celebrar en Lugo, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, o 29 de outubro.
O acto terá lugar no Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo (Praza da Constitución, s/n) a partir das 18:00 horas.
Con esta escolla, a AELG continúa un ano máis recoñecendo a figura e a traxectoria das persoas que, co seu xeito de estaren no mundo, contribúen a preservar a nosa memoria colectiva como pobo, a tradición oral e en definitiva, parte esencial da lingua e a cultura do noso país.
Entrada libre ata completar aforo