
Gala solidaria de Achádego Teatro
10 de diciembre - 20:00

Nadal na casa dos Lamelo
Achádego Teatro
- Lugar Auditorio Gustavo Freire (ver mapa)
- Duración 90 minutos
- Numerada Si
Sinopse: Nadal na casa dos Lamelo é unha farsa familiar en tres actos que afonda nas relacións humanas e xoga cos típicos conflitos familiares. É unha comedia, case dramática. Unha reflexión divertida e profunda sobre a importancia da familia, en calquera das súas formas.
Unha familia que prepara un ano máis o Nadal. Un Nadal especial para todos e cada un deles porque despois destas festas xa nada será igual nas súas vidas. O Nadal, un dos momentos máis familiares do ano, serve de escusa para esta comedia na que realidade e ilusión, tradición e modernidade, conflito social e conflito persoal, entrelázanse poñendo fronte a nós un espello no que mirarnos, un lugar onde recoñecernos na forma ou no fondo.
Vivimos tempos convulsos e difíciles, non é doado saír adiante e facer que todo funcione, menos mal que sempre podemos contar coa familia…ou non.
Elenco: Suso Meilán, Pepa Barros, Tareixa Campo, Anxo Manoel, Elena Velasco, simón Onteniente, Nuria Blanco, Eliseo Pintado, Miguel Revaldería, Antón Sampaio.