
Homenaxe a Darío Xohán Cabana
18 de noviembre - 19:00

Homenaxe a Darío Xohán Cabana
«UN ANO SEN O DARÍO
Homenaxe a Darío Xohán Cabana no seu cabodano
O día 16 de novembro de 2021 faleceu o escritor Darío Xohán Cabana. Con motivo do
seu cabodano, un numeroso grupo de amigas e amigos do Darío convocamos un acto
na súa homenaxe e lembranza que terá lugar o vindeiro venres, día 18, ás 19.00 h no
Auditorio Municipal Gustavo Freire.
Neste acto, ó redor da súa familia, faremos presente o amigo que se foi deixándonos
un recordo inmorredoiro, un exemplo a seguir e unha inmensa obra literaria que nos
legou para sempre. Nesta homenaxe darémoslle voz e presenza ó Darío con música e
palabras con breves intervencións de vinte persoas (escritores, músicos, compañeiros,
amigas e amigos novos e vellos)
Convocamos ás súas amizades e á sociedade luguesa en xeral a acompañarnos nese
día, no lugar no que traballou moitos anos, para lembrar con emoción a súa
xenerosidade e bonhomía e renderlle o tributo e recoñecemento que merece por
todo canto nos deu e nos deixou.»