
- Este evento ha pasado.
I Roteiro Científico – O Veral
15 de octubre

I Roteiro Científico – O Veral
A asociación de investigadores AgroMar do Campus Terra da USC celebra este sábado 15 de outubro o I Roteiro Científico, unha actividade gratuíta que permitirá ao público participantes achegarse á ciencia en plena natureza da man dos profesores Paz Ondina e Antonio Rigueiro.
O I Roteiro Científico promovido pola asociación AgroMar e cuxa inscrición xa se pode
formalizar de balde a través do formulario habilitado en liña, partirá ás 9.30 horas de
diante Facultade de Veterinaria, de onde sairá o autobús cara ao Veral.
A profesora e investigadora do grupo Conservación de Peixes e Moluscos (CoPeMol) da USC Paz Ondina Navarret, guiara a visita dos participantes á Aula da Natureza do Veral, a fin de dar a coñecer o traballo que se está a realizar a prol da conservación e recuperación do
mexillón de río.
O catedrático emérito da USC na EPS de Enxeñaría, Antonio Rigueiro, acompañará de
seguido aos participantes pola Ruta das Chousas, no que se antolla como paseo botánico
que permitirá afondar sobre o coñecemento da variada flora existente nesta contorna de
Lugo.
O I Roteiro Científico impulsado por AgroMar rematará cara as 14.30 horas, nas
inmediacións da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, onde todo o público
participante poderá compartir uns petiscos de balde bo bar A Carballeira.