domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

I Xornada Iberoaméricana de Cemiterios Patrimoniais

22 de diciembre, 2021 - 18:00

I Xornada Iberoaméricana de Cemiterios Patrimoniais

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anuciou que Lugo acollerá a primeira xornada formativa de cemiterios patrimoniais sobre musealización de cemiterios.

Cristina López destacou que esta xornada “permitirá consolidar o proxecto que estamos a levar adiante desde a área de Participación como para converter o cemiterio de Lugo como un referente dos cemiterios patrimoniais”.

A xornada terá lugar na Domus do Mitreo o vindeiro mércores 22 de decembro, e contará cunha visita pola cultura funeraria lucense (Cemiterio Municipal de San Froilán, Museo Diocesano e Catedralicio e Sala Arqueolóxica de San Roque) e cunha mesa redonda baixo o título Os cemiterios municipais. Musealización e conservación.

A concelleira de Participación estará acompañada na mesa redonda por Diego Andrés Bernal Botero, secretario permanente da rede iberoamericana de valoración e xestión de cemiterios patrimoniais.

Ademais a área de Participación contará na mesa redonda con Ana Goy, catedrática de humanidades da USC e Amparo Rubinos, xefa de servizo do cemiterio municipal de Lugo.

Detalles

Fecha:
22 de diciembre, 2021
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Domus do Mitreo
Praza Pío XII, 3
Lugo, 27001
Web:
https://adomusdomitreo.com/
X