
- Este evento ha pasado.
II Blues Museum – Festival de Blues de Lugo
20 de julio, 2018 - 21:00

Lugar: Praza da Soidade – Entrada gratuíta.
21:30 Travellin´Brothers.
No ano 2015 foi premiada como a Mellor Banda Europea, e a súa presenza é constante en festivais internacionais. Ata o de agora levan publicados 8 discos, e participaron en máis de 1.000 concertos, unha banda que xa ten a matricula de honra no escenario.
A continuación Aurora & The Betrayers
Aurora García é unha xove cantante madrileña consagrada como unha das voces mais convincentes da escena da música negra. En Lugo presentarán o seu ultimo traballo, no que apostan pola importancia da canción, con composicións equilibradas e directas. No seus directos consigue un son que bebe dos clásicos pero que esta en constante busqueda de sonoridades actuais.
Para rematar a primeira xornada os italianos The Cyborgs
Este potente dúo sorprende e fascina a primeira vista e representa unha rara avis na escena italiana e europea de Blues. Levan a paixón, diversión, enerxía, ironía, é o que ofrecen en canda concerto, o que os converte nunha auténtica festa para todos os sentidos. No seu repertorio levan unha proposta que nace do blues máis clásico, enmarcado con funk e punk moderno.