lunes, agosto 8, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

II Congreso Gastronómico e Cultural

29 de mayo, 2021

II Congreso Gastronómico e Cultural …e para comer, Lugo no Camiño

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrará por segundo ano consecutivo o Congreso Gastronómico e Cultural …E para comer, Lugo no Camiño, unha xornada sobre a cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. Esta iniciativa forma parte do programa O Teu Xacobeo.

PROGRAMA DO CONGRESO

x Charla sobre a cultura do viño nos Camiños de Santiago que atravesan a provincia, que será impartida por Xoan Cannas, director do Instituto Galego do Viño

x Demostración do barista José Manuel Portela, responsable de formación de Cafés Candelas

x Exposición …E para comer, Lugo no Dakar 2021, con Eduardo Iglesias

x Demostracións de cociña con produtos de proximidade a cargo de Javier Estévez, Estrella Michelín en 2019 pola súa labor en La Tasquería de Javi Estévez, en 2020 e en 2021 e cuxas orixinais propostas culinarias teñen suscitado xa o interese de medios como The New York Times e de programas de televisión como Informe Semanal, Torres en la cocina, MasterChef, Karlos Arguiñano en tu cocina, Andrew Zimmern ou a sección de George Foreman en Better late than never

x Obradoiro para nenos

CATAS …E PARA COMER, LUGO NO CAMIÑO

Como introdución ao Congreso, terán lugar as Catas …E para comer, Lugo no Camiño, que serán impartidas polo Instituto Galego do Viño en tres localizacións da provincia: Portomarín, o día 21 de abril; Quiroga, o 28 de abril, e Lourenzá, o 5 de maio.

O evento dará comezo así xa o vindeiro mércores 21 de abril coa primeira das catas, que terá lugar no establecemento O mirador (Rúa do Peregrino), en Portomarín, de 16:30 a 19:00 horas.

Aqueles que queiran participar nesta iniciativa, cuxas prazas son limitadas para cubrir coas limitacións de aforo, débense inscribir a través do teléfono da Apehl 982 22 69 12 ou desde a web apehl.org.

A reserva de prazas non será firme ata que reciban confirmación a través de correo electrónico.

Detalles

Fecha:
29 de mayo, 2021
Categoría del Evento:

Local

MIHL
Av Infanta Elena, s/n
Lugo,
Teléfono:
982 29 74 46
X