lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

II Feira de Asociacións de Acción Social de Lugo

11 de mayo, 2018

Organiza: FADAS coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo

Lugar: Pza de San Marcos

A Feira desenvolverase dende ás 11:00 ata as 21:00 horas, e haberá diferentes postos
das asociacións que participan ofrecendo aos visitantes información e asesoramento sobre os diferentes servizos que ofrecen durante todo o ano, así como actuacións musicais a cargo de David Taboada e Adrián Vigo.

Participan: ADEGA, Asociación Aliad Ultreia, AMEIS, Asociación SocioEducativa Antonio Gandoy, Asociación Aviva, AXUNICA, Asociación Social Dez Portas, Asociación de Inmigrantes y Retornados Rioplatenses, LEDA, Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Asociación Reiki Lugo, Asociación Shan Tidi, Taller de Solidaridad, e Asociación VENELU

As áreas de actuación nas que traballan as asociacións da Feira son: familia, muller, infancia, persoas en situación de risco ou vulnerabilidade, saúde, emprego, inmigración, comercio xusto, cooperación, voluntariado, cultura e deporte.

Pola tarde contarase cunha demostración de Danzas do Mundo dirixida por Ánxela Pardo Vázquez; Anxo Moure contará contos para os/as máis pequenos/as; e actuará o Grupo de Teatro Palimoco, dirixido por Paloma Lugilde.

Ademais, ó logo de toda a xornada desenvolveranse outras actividades nos diferentes
postos: xogos para nenos/as, sesións de reiki, xogos de tenis de mesa, venta de libros
de segunda man, recollida de roupa usada,… entre outras moitas, e nas que poderán
participar todas aquelas persoas que o desexen.

FADAS Lugo pretende coa celebración desta Feira, compartir coa veciñanza de Lugo
unha xornada lúdica, ó tempo que facer visible o traballo que desenvolven ó longo de
todo o ano, as asociacións que traballan coas persoas máis vulnerables e en risco de
exclusión da nosa comunidade..

A Federación de Asociacións do Ámbito Social de Lugo constitúese no 2012. Esta entidade ten como obxectivos establecer vínculos entre as distintas asociacións do ámbito social da provincia para fomentar a colaboración e o traballo en rede, servir como interlocutora entre os colectivos e os organismos públicos e privados, así como axudar na integración social dos integrantes da federación.

Detalles

Fecha:
11 de mayo, 2018
Categoría del Evento:
X