
- Este evento ha pasado.
II Homenaxe a Xose da Flor
28 de diciembre, 2018 - 30 de diciembre, 2018

Última fin de semana do mes de Nadal.
En primeiro lugar, o venres 28, teremos a actuación de Carlos Blanco e Quico Cadaval, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura de Meira. As entradas pódense reservar anticipadamente mediante o Facebook da asociación Eme de Meira, enviando un mensaxe aos administradores. Cando se completen as reservas das entradas anticipadas comunicarase, sendo so posible mercar a entrada o día da actuación, que poderán mercar dende as 20:00 horas ata completar aforo.
O día 29, dende as 12:00 horas, celebraráse un partido amigable de Fútbol, no campo do Acebreiro, na Pastoriza.
Ás 14:30 temos o xantar nos Cabanóns do convento en Meira, para o cal tamén é preciso realizar a reserva mediante o Facebook de Eme de Meira ao igual que para a actuación do venres.
Xa pola tarde, sobre as 17:00 horas realizarase o aberto de Billarda. Se as condicións meteorolóxicas o permiten farase na praza do convento, e se non realizaráse no Pavillón municipal.
Ás 20:30 na Casa da Cultura temos o M de Cine por parte do colectivo Gaitafilmes, a sección oficial, co concurso de Curtas.
Xa o domingo 30 terá lugar tamen na Casa da Cultura, as 18:00, as sesións paralelas de M de Cine e ás 18:00 horas a proxección dunha longametraxe.
Non vos quededes sen entradas. Animádevos.