martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

II Xornada: Mulleres, ciencia e tecnoloxía

11 de febrero, 2020 - 12:00

Cartel da II Xornada: Mulleres, ciencia e tecnoloxía

II Xornada: Mulleres, ciencia e tecnoloxía

As comisións de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias e da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, as profesoras María Ángeles Romero Rodríguez e Dolores Fernández Rodríguez, respectivamente, celebrarán o martes 11 de febreiro, a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Facultade de Ciencias de Lugo, a segunda edición das xornada Mulleres, Ciencia e Tecnoloxía.

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, será a
encargada de abrir esta sesión, organizada co gallo da celebración do Día das Mulleres e
as Nenas na Ciencia e no marco da que se desenvolverá un debate sobre emprendemento feminino con base científico-tecnolóxico, no que participarán como relatoras catro mulleres emprendedoras.

A xornalista e presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, actuará como
moderadora da sesión, na que intervirán a CEO da empresa de tecnoloxía en análise
sensorial TasteLab, Maruxa García; Carme Cillero Castro, da empresa de enxeñaría
ambiental 3edata; Tamara Arango López, promotora da empresa de certificación de
benestar animal BeWell, e a consultora de dietética e nutrición Ángeles Novo Martínez.

As persoas interesadas en participar nesta sesión poden formalizar a súa inscrición de
balde a través da web www.usc.gal/oix . O público poderá solicitar o correspondente
diploma de asistencia.

Detalles

Fecha:
11 de febrero, 2020
Hora:
12:00
Categoría del Evento:
X