domingo, noviembre 20, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

II Xornada Quéremonos Vivas Libres e Iguais

23 de noviembre - 25 de noviembre

II Xornada Quéremonos Vivas Libres e Iguais

A Deputación de Lugo impulsa un programa de actividades con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller que se estenderá do 23 ao 25 de novembro.

O programa arrancará o mércores coa segunda xornada Querémonos Vivas, Libres e
Iguais. Este ano a mesa redonda, que terá lugar ás 19:30 horas no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, estará formada pola xornalista, investigadora, doutora e profesora na Universitat Oberta de Catalunya, Ana Bernal-Triviño, e unha representante da Comisaría da Policía Nacional de Lugo.

Esta xornada está aberta a toda a cidadanía interesada en participar ata completar aforo.

O xoves, 24 de novembro, proxectarase ás 19:30 horas no Salón de Actos do Pazo de San
Marcos o documental No se Oye, realizado polo estudantado do centro de ensino da
Deputación de Lugo.

Este audiovisual, realizado por oito alumnos da escola, céntrase no roubo de bebés durante a ditadura no antigo Hospital de San Xosé, unha edificación que é agora de titularidade provincial.

A cinta, de media hora de duración, acadou un recoñecemento no Festival Internacional de Cine de Ponferrada.

O programa complétase o venres, 25 de novembro, coa celebración da sexta edición da
andaina reivindicativa En Camiño contra as Violencias, que sairá ás 12 horas na Praza de San Marcos e rematará no Centro de Formación Audiovisual da Deputación.

Esta andaina percorrerá puntos emblemáticos da cidade de Lugo onde se levarán a cabo
diferentes actuacións e outras iniciativas para chamar a atención da cidadanía fronte a esta
loita.

Ao comezo, ante o Pazo de San Marcos, farase a lectura dun manifesto en repulsa á
violencia machista.

Detalles

Comienza:
23 de noviembre
Finaliza:
25 de noviembre
Categoría del Evento: