lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

III Edición de DivulgaTerra: artes, humanidades e ciencias sociais

29 de noviembre, 2018 - 19:00

DIVULGATERRA PECHA A SÚA TERCEIRA EDICIÓN CUN RELATORIO DE ANA GOY SOBRE O PÓRTICO DA GLORIA TRALA RESTAURACIÓN

A terceira edición de DivulgaTerra, o evento que pretende divulgar entre a cidadanía o traballo dos investigadores e investigadoras do Campus Terra da USC empregando a lingua galega, chega á súa derradeira xornada cunha sesión dedicada ás Artes, Humanidades e Ciencias Sociais, que terá como colofón un relatorio da profesora da USC Ana Goy sobre o Pórtico da Gloria trala restauración e que terá lugar este xoves 29 de novembro, ás 19.00h, na Casa do Saber.

Ademais de Goy, en quendas de dez minutos de duración, intervirán Marcos Gerardo Calles Lombao, quen afondará na Catedral de Lugo no século XIX; Daniel Manuel Vázquez Vila, quen reflexionará sobre a situación dos migrantes na actualidade; ou Diego Camelo Moreira, quen analizará os sistemas de información territorial en diferentes contextos.

Acto seguido, Tamara González López falará sobre o impacto e vías de introdución de novos nomes no sur lucense; Geusa da Purificação Pereira, profundará nos cambios climáticos en Brasil e o seu impacto nos agricultores; e de novo Tamara González López, intervirá para falar, nesta ocasión, do proceso contra o escritor Manuel María.

Finalmente, Lucía Casal de la Fuente disertará sobre educación vocal e Ignacio García González pronunciará o relatorio ‘A historia escrita nos aneis das árbores’. Deste xeito, DivulgaTerra pon o punto final á celebración do mes da ciencia en galego no que, a través de tres sesións temáticas, deuse a coñecer ante un público non especializado as liñas de investigación da USC no Campus Terra.

Detalles

Fecha:
29 de noviembre, 2018
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
X