
- Este evento ha pasado.
III Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia
7 de abril, 2018 - 11:00 - 18:30
Gratuito
Encontro para difundir a Economía Social e Solidaria (ESS) en Galicia.
O Encontro vaise realizar no edificio do mercado Quiroga Ballesteros de Lugo. Durante a mañá, no propio mercado, para o xantar nos soportais e fin da xornada no Centro Social Uxío Novoneyra (no primeiro andar do mesmo edificio).
PROGRAMA:
11.00 – 12.15 – Enredadas. Debate sobre a interacción da Economía Alternativa e Solidaria con outros movementos transversais: feminismo, ecoloxismo, defensa do rural e ONG.
12.15 – 12.30 – Pausa
12.30 – 14.00 – REAScunchiño. Micropresentacións de 5 minutos de proxectos da economía social da provincia de Lugo.
14.00 – 16.30 – Xantar. Podes traer algo para compartir ou mercar o catering que van preparar as compañeiras de Ecoxantar – Haberá dúas opcións: 1 prato por 5 euros ou menú de dous pratos por 10 euros (con opcións vexetarianas).-
16.30 – 18.00 – Debuxando espazos futuros. Obradoiro no que avanzaremos nas liñas proxectadas no debate da mañá.
18.00 – 18.30 – Peche.
Durante a mañá (11 a 14 horas) haberá un pequeno mercado con postos de entidades da ESS galega. Tamén espazo para crianzas.
Para facilitar a organización, INSCRICIÓN no seguinte formulario (a participación é gratuíta): https://es.surveymonkey.com/r/3NKKVHJ
Organizado por REAS Galicia
REAS Galicia
REAS é a Red de Redes de ECONOMÍA ALTERNATIVA E SOLIDARIA da que forman parte máis de cincocentas entidades agrupadas en redes territoriais e sectoriais. REAS nace para dar resposta á deshumanización da economía, ao deterioro do medio ambiente e á perda de valores sociais.
O incremento da pobreza e as desigualdades sociais, a exclusión social e económica, o paro e o emprego en precario son problemas que xeran desafíos e esixen respostas. Por iso, REAS potencia a Economía Solidaria, o noso instrumento cara a unha sociedade máis xusta e solidaria, sostible e comprometida.
O fin principal de REAS é facer posible esa outra maneira de enfocar e xestionar a economía. Para que deixemos de ser quen sofre as consecuencias de decisións que non tomamos e pasemos a ser as persoas no centro da economía.