jueves, junio 30, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

III Festival Gadélica Sargadelos

27 de julio, 2018 - 29 de julio, 2018

Por terceiro ano consecutivo, GADÉLICA presenta o seu encontro coa cultura e o arte, no máxico entorno de Sargadelos, cunha proposta suxerente e vangardista para mentes inquietas e corpos vitales. Expresións musicais emerxentes da música electrónica, combinaranse con unha morea de actividades de diversa índole que farán disfrutar ós asistentes, ao largo das máis de 48 horas do festival, dunha experiencia única e ininterrumpida.

Este ano GADÉLICA estrúcturase ó redor de dúas grandes “Noites temáticas” no Escenario Principal do Campo da Fonte e no Delos Garden da Casa da Administracion, nas que a electrónica Dub e Psytrance serán as protagonistas, ocupando alternativamente cada un dos dous espazos. Durante o día, e parte da noite, levaranse a cabo diversos talleres lúdicos, sensitivos, esotéricos e formativos nos variados e suxerentes espazos que o entorno de Sargadelos ofrece.

Todo esto complementarase con unha variada oferta gastronómica, mercados de artesanía, exposicions de arte, e actividades o aire libre. O carácter acolledor que a xente de Cervo presta a esta nova experiencia e a decoración elaborada exclusivamente para o festival, rematarán por sumerxer aoo público nunha experiencia sensorial fresca, nova e inolvidable.

GADÉLICA transcurrirá entre a tarde do venres 27 de Xullo e a tarde/noite do domingo 29 de Xullo. A maxia, a alegría, a beleza e a diversión, voltarán a surxir un ano mais no histórico entorno das Reais Fábricas de Sargadelos, localizadas no concello de Cervo o carón do río Xunco.

Constará das seguintes áreas.

MAIN STAGE do Campo da Fonte:
Será o escenario principal, con actividade a partir das 21:30h, onde transcurrirán as dúas noites únicas e inolvidables que GADÉLICA prepara para o seu público. Un escenario orgánico de 11 mts de ancho e 4 de alto construído polo equipo de Gadélica, e sobre o que o artista mexicano VJ Infante (Lisérgica25) presentará o seu traballo de videomapping. Será o altar cósmico desde onde a música radiará a sua enerxía ós corpos danzantes baixo a lúa chea de Xullo.

DELOS GARDEN na Casa da Administración:
Será o espazo alternativo o Main Stage. Sobre el escoitaranse tendencias musicais distintas ás que cada noite soen no espacio principal. Así, a noite do venres 27 os ritmos mais tranceiros ocuparán este espazo, para ó sábado 28 tomar o relevo outras tendencias mais próximas o dub e o d&b.

Aquí oficiarase tamén a cerimonia de purificación previa ó inicio do festival, así como algunha das diversas actividades e talleres do sábado. A decoración de este espazo correrá a cargo de “Deco Arttitude”.

HEALING ÁREA:
Serán diferentes zonas repartidas debidamente ao longo do festival, que estarán señalizadas nas que se realizarán actividades, ademais de impartirse talleres e terapias.

MUSEO da Carboeira:
Espacio para as artes plásticas con contenido ainda por concretar.

HOSPITALITY AREA da Fundición:
Aquí localízase a zona de información e merchandising, así como a hospitalidade para artistas e membros da organización.

PARKING DE LARGA DURACIÓN:
Para o estacionamento de vehículos-vivenda e furgonetas. A entrada a esta zona terá que ser previa ó inicio do festival, pechándose o seu acceso ás 18h do venres 27 de Xullo.

PARKING XERAL:
Estacionamiento xeral de vehículos itinerantes.

Detalles

Comienza:
27 de julio, 2018
Finaliza:
29 de julio, 2018
Categoría del Evento:
X