domingo, octubre 2, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inaguración da mostra «Perseguindo soños»

24 de noviembre, 2021 - 20:00

O vindeiro mércores, día 24, ás 20:00 horas, terá lugar na Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo a inaguración da mostra de Dolores Guerrero «Perseguindo soños».

Este acto contará coa presenza de Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo; de Encarna Lago, xerente da Rede Museística e de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, ademais da propia artista.

Trátase do segundo proxecto expositivo realizado no Museo Provincial de Lugo (Rede Museistica Provincial de Lugo) ao abeiro do lema do Día Internacional dos Museos deste ano 2021: “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar” e do 15 aniversario da Rede Museistica Provincial de Lugo.

Nesta ocasión recuperamos tamén a traxectoria doutra lucense, Dolores Guerrero. Despois das mostras individuais realizadas en 1990 e 2007 na sala da Deputación de Lugo, agora visualizamos a súa evolución artística desde aqueles ceos e atmosferas coa
paisaxe protagonizando a súa pintura de abstracción lírica inspirada na natureza, ata chegar a este novo paso na súa produción que agora abrangue outras manifestacións e incluso arriscadas intervencións baseadas no seu universo particular, acordes coa necesaria evolución creativa. Intercala escultura, instalacións e novidades formais acordes coa necesidade de expresar as súas inquedanzas persoais en consonancia ou disonancia coa realidade obxectiva. Así mesmo, aparece a súa faceta de escritora vencellada ou conectada ás obras expostas para, en definitiva, amosar unha nova produción resultado dunha madurez creativa que frutifica en conxunto coa mostra amosada no Museo Provincial de Lugo.

A presentación deste catálogo é tamén un xeito de comunicación do traballo museístico en prol da difusión da arte e das artistas do noso país.

Detalles

Fecha:
24 de noviembre, 2021
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
Teléfono:
982 24 21 12
Web:
http://redemuseisticalugo.org/index.asp
X