Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da expo de Lamazares- Flor Novoneyra

16 de abril, 2019 - 20:00

O próximo martes día 16 de abril, ás 20h,inauguración no Museo Provincial de Lugo a exposición “Flor Novoneyra”, de Antón Lamazares, un homenaxe ao poeta lugués.

A mostra, está comisariada por María Díaz Rey, directora da Galería About Art de Lugo, e coordinada pola Fundación Uxío Novoneyra.

FLOR NOVONEYRA é un diálogo entre a pintura de Antón Lamazares e a verba de Uxío Novoneyra, a través das expresións polas que compartiron amor e traballo: Palabra e Imaxe, xusto no camiño intermedio existente entre as dúas, e motivo de interese dos dous creadores: a palabra feita imaxe, a imaxe feita palabra.

Trátase dunha fusión entre pintura e poesía conductuada a través do Alfabeto Delfín creado por Lamazares. Flor Novoneyra, segundo as verbas do propio artista, sería o seu “testamento pictórico”, dedicado ao poeta do Courel, e que supón un encontro de dous xigantes internacionais da cultura galega.

A exposición do Museo de Lugo presenta unha antoloxía plástica cos versos de Novoneyra a través de unha selección de pinturas de Lamazares (Lalín, Pontevedra, 1954), así como unha mostra de caligramas orixinais de Uxío Novoneyra (1930, Parada de Moreda, Serra do Courel, Lugo – 1999, Santiago de Compostela) e unha aportación pictórica, gráfica e bibliográfica do poeta introdutor da poesía caligráfica na poesía galega.

Abre a mostra unha das pezas fundamentais da exposición, en relación coa cidade de Lugo, a pintura adicada a Anxel Fole, onde se transcriben as verbas de Novoneyra no seu poema “Anxel Fole según Maside”: Ollos de cinsa e nebra / chegados da tebra / Ollar antigo e novo! / Ollar que pon un manto ó pousar! / Ollar que neva! / Ollar que leva / e sabe o que se sabe / e canto en nós cabe! / Ollar aberto que abre / e tenta o couto do inralvabre! / UXÍO NOVONEYRA

Detalles

Fecha:
16 de abril, 2019
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
Teléfono:
982 24 21 12
Web:
http://redemuseisticalugo.org/index.asp