lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da expo de Senén Olano

9 de mayo, 2018 - 20:00

A técnica utilizada e a coñecida coma EBRU en Turquía (de onde é orixinaria), SUMINAGASHI en Xapón e MARMOLADO en España; todas elas moi semellantes entre si, consisten en pintar sobre a auga e despois transferir a pintura a un soporte, no seu caso pintura de gouache sobre papel de algodón 100%.

O título da exposición ” PINTURA SOBRE AUGA CON XEOMETRÍAS INTERPOSTAS ” fai referencia á temática da maioría das obras, que está claramente baseada en composicións xeométricas feitas sobre a pintura sobre auga , fundamentalmente abstractas .

Todas estas obras reflicten o traballo do ano 2017 e é a súa obra plástica máis recente.

SENÉN OLANO ÁLVAREZ Ponferrada 1959

Licenciado en Arquitectura pola E.T.S.A. de A Coruña en 1982. Arquitecto, g ravador, fotógrafo, debuxante, deseñador, pintor e escultor en exercicio dende 1984.

A partir do ano 1996 participa en múltiples exposicións colectivas en Galicia e diferentes puntos de España e do estranxeiro .

Fai exposicións individuais de gravados , debuxos e esculturas. Ten acadado premios e galardóns diversos polo s eu traballo plástico sendo, algúns dos últimos , o 1º premio de deseño gráfico de carteis das LETRAS GALEGAS do ano 2012, promovido pola Xunta de Galicia ou o 2º Premio do II CONCURSO FOTOGRÁFICO CEMITERIO DE SAN FROILÁN do Concello de Lugo , no ano 2014 .

No 2014 f oi seleccionado para a X BIENAL DE PINTURA EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR e para o XII CERTAMEN INTERNACIONAL DE ARTES PLÁSTICAS – Aires de Córdoba .

No 2015 foi seleccionado para a XIII BIENAL INTERNACIONAL DE GRAVAT JOSEP DE RIBERA en Xátiva.

No 201 6 foi finalista no III CONCURSO NACIONAL DE DISEÑO DE SELLOS de Correos.

No 2017 foi seleccionado para a XIII BIENAL INTERNACIONAL DE GRAVAT JOSEP DE RIBERA en Xátiva e foi finalista no IV CONCURSO NACIONAL DE DISEÑO DE SELLOS de Correos.

Ten obra gráfica en museos, coma o Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC) de Betanzos ou o Museo Provincial de Lugo.

Ten publicado libros de deseño ( Las mallas como base del diseño gráfico de composiciones complejas ), de texto ( Debuxo Técnico I , Debuxo Técnico II e Educación plástica e visual 4ESO ) ou publicacións en revistas de arte (” Universo paralelo con grabados ” en ART – NOTES).

Ten publicado diferentes blogs de imaxes , e p ódese ver unha moi ampla mostra da súa obra na páxina web www.senenolano.com 

Detalles

Fecha:
9 de mayo, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

La Ferretería
San Froilán 11
Lugo, 27001
Teléfono:
982 87 27 11
Web:
www.laferreteria.info
X