
- Este evento ha pasado.
Inauguración da expo «Esguello»
23 de abril - 13:00

Inauguración da expo «Esguello»
Por Carolina Munáiz e Genaro da Silva.
Exposición no Vello Cárcere.
Día 23 de abril ás 13h00.
Esguello supón un traballo exploratorio nas orixes da pintura e no xermolo da palabra, por medio das obras amasadas e pintadas polas mans de Carolina Munáiz e os textos escritos a partir delas por Genaro da Silva.
Preténdese con esta proposta activar no espectador, a través das sinestesias que se enlean entre imaxes e verbas, unha reflexión sobre aquilo que move a emoción e constrúe, dende o indefiníbel, a nosa sensibilidade.