domingo, agosto 14, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da expo “Momentos” de Constantino Cuesta

5 de marzo, 2020 - 20:00

Inauguración da expo “Momentos” de Constantino Cuesta

Inauguración da expo “Momentos” de Constantino Cuesta

5 de marzo ás 20:00 horas no MIHL

Datas da expo: do 5 de marzo ao 7 de xuño de 2020

“Momentos” é unha exposición que recolle corenta óleos sobre lenzo de tamaño mediano e grande creados polo pintor Constantino Cuesta Ibáñez.

Trátase dunha retrospectiva que amosa a evolución deste pintor durante os últimos dez anos. Nesta persoal escolma pódense apreciar as variacións e a riqueza de matices e formas de concebir os movementos e os instantes.

É a súa pintura en xeral expresionista con tendencia ao cubismo aínda que podemos observar como nalgunhas explora o naïf e incluso chega ao psicopictográfismo.

Como denominador común destacar as intensas cores que tinguen case que todos os momentos representados de moi diversas maneiras.

Detalles

Fecha:
5 de marzo, 2020
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

MIHL
Av Infanta Elena, s/n
Lugo,
Teléfono:
982 29 74 46
X