jueves, agosto 18, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da expo sobre os 100 anos da revista Nós

2 de marzo, 2020 - 20:00

O luns, día 2 de marzo, ás 20:00 horas, terá lugar no Refectorio do Museo Provincial de Lugo a inauguración da mostra Ser diferente é ser existente. Nós de onte a hoxe. 100 anos de historia.

Organizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura e comisariada por Carlos L. Bernárdez, esta exposición conmemora o centenario do nacemento da revista Nós, cuxo primeiro número veu a luz o 30 de outubro de 1920.

Nela realízase un percorrido pola significación e a obra dos principais persoeiros da Xeración Nós: Vicente Risco, Castelao, Ramón Otero Pedraio, Ánxel Casal… con atención especial á figura de Ricardo Carvalho Calero, persoeiro homenaxeado no próximo Día das Letras Galegas 2020, testemuña excepcional desta época e estudoso da obra do Grupo Nós.

Neste acto estarán presentes Tareixa A. Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo; Pilar García Negro; Carlos L. Bernárdez; Mª Antonia Pérez; Alberte Ansede, Encarna Lago e Aurelia Balseiro.

Detalles

Fecha:
2 de marzo, 2020
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
Teléfono:
982 24 21 12
Web:
http://redemuseisticalugo.org/index.asp
X