lunes, octubre 3, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da expo «Unha volta por Lugo»

24 de abril, 2019 - 20:30

Inauguración da expo "Unha volta por Lugo"

Amosar distintos puntos turísticos da capital dende unha perspectiva rechamante e pouco convencional que atraia o interese do espectador e o transporte nunha viaxe pola cidade. Ese é o obxectivo de «Unha volta por Lugo», a mostra que Bego Pérez leva, a partir das 20:30h do mércores 24 de abril, á sede de Lugonovo.

Bego Pérez (Vila de Cruces, 1980) é fotógrafa profesional. Logo de traballar para varias empresas optou por independizarse e especializarse na vertente social, orientada á publicidade, á elaboración de catálogos e mesmo á realización de retratos e fotografía de viaxes.

Propoñémosvos unha peregrinación circular, un percorrido paisaxístico polos lugares máis emblemáticos do noso municipio a través dunha serie de imaxes panorámicas polares que abandonan deliberadamente a reprodución exacta das formas mais sen perder a afinidade coa realidade. Un proxecto que combina fotografía e tecnoloxía a partes iguais, pretendendo un resultado provocador, “un pequeno xogo con toda aquela persoa que se pare a visualizalo”, como di Bego.

Bego Pérez convida a toda a cidadanía lucense a visitar o local de Lugonovo para dar Unha Volta por Lugo, dende o 23 de abril e até o próximo 17 de maio.

RONDA DA MURALLA 164

Detalles

Fecha:
24 de abril, 2019
Hora:
20:30
Categoría del Evento:
X