martes, octubre 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da expo «Voando o pasado. Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia»

18 de abril, 2018 - 19:00

VOANDO O PASADO

Hoxe as 19:00 horas terá lugar na sala de exposicións temporais do arquivo histórico provincial de Lugo o acto de inauguración da exposición «Voando o pasado. Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia» organizada polo museo arqueolóxico provincial de Ourense. O obxectivo principal desta mostra e dar a coñecer os usos e posibilidades da fotografía aérea para o coñecemento, conservación e revalorización do patrimonio arqueolóxico, pero non é menos interesante a beleza e mesmo a espectacularidade das imaxes expostas. A exposición estrutúrase en oito grupos temáticos por medio dos que se van analizando as diversas achegas da fotografía aérea á arqueoloxía e aos distintos tipos de xacementos, desde os que se corresponden á paisaxe monumental castrexa a os relacionados co encastelamento medieval.

A mostra permanecerá na sala de exposicións temporais do arquivo ata o 15 de xuño e poderá visitarse en horario de 8:30 a 20:30 horas. Por suposto estades todos invitados tanto ao acto de inauguración como á visita.
Vémonos!

Detalles

Fecha:
18 de abril, 2018
Hora:
19:00
Categoría del Evento:
X