Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición «Carballo Calero en Lugo»

15 de enero - 12:00

Presentación da exposición itinerante DON RICARDO DE FINGOI (CARBALLO CALERO EN LUGO)

Inauguración da exposición «Carballo Calero en Lugo. Don Ricardo de Fingoi»

O colectivo lucense EGERIA, coa colaboración do Colexio Fingoi e o patrocinio da Xunta de Galicia, vai dar comezo ás actividades do proxecto DON RICARDO DE FINGOI (CARBALLO CALERO EN LUGO) con motivo de serlle dedicado este ano o Día das Letras Galegas ao profesor e escritor que residiu e traballou en Lugo desde 1950 a 1965, como profesor e responsable do Colexio Fingoi.

As dúas primeiras fases deste proxecto son unha exposición itinerante e unha páxina web, que serán presentados o próximo mércores, ás doce, nun acto que se desenvolverá nas instalación do Colexio Fingoi, e no que participarán representantes da familia do homenaxeado, da Xunta de Galicia e da Real Academia Galega, profesores e alumnos do Colexio Fingoi, e numerosos lucenses que estudaron neste Colexio nos tempos de Ricardo Carballo Calero.

Detalles

Fecha:
15 de enero
Hora:
12:00
Categoría del Evento: