
- Este evento ha pasado.
Inauguración da exposición de pintura «Historia de Terra e Auga»
28 de noviembre, 2019 - 20:30

Xoves 28 de novembro
20.30 horas
Vello Cárcere de Lugo
Andrea Nadir Orazi.
Terá lugar unha performance
«Historia de Terra e Auga. A terra e a auga, carne e sangre de Galicia, son portadoras de presenzas milenarias. Convértense en elemento identificador, non só da paisaxe senon da propia esencia do que é o pais. É este idioma enerxético, tan vencellado co de outras culturas atlánticas, o que flota cando paseamos por unha escura fraga do Courel, vemos o solpor en Fisterra, ou escoitamos o canto do merlo nun castro solitario. Decotío só chegan a nós lenes murmurios desas linguas presentes pero case esquecidas. Son de feito eses rumores da terra e as que esta exposición aspira a amplificar».