lunes, julio 4, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da mostra «Deseño e diferenza» de Luis Seoane

19 de abril, 2018 - 20:00

Luis Seoane (Bos Aires, 1910 – A Coruña, 1979) é o gran renovador do deseño galego no século XX, con propostas gráficas de vangarda, xa sexa nos seus libros ou carteis, aportando novas solucións ao deseño cerámico nos anos sesenta ou no especial cromatismo dos seus tapices, onde se mestura o mellor dos seus debuxos e as solucións técnicas que fixeron paradigmática a súa pintura.

Luis Seoane. Deseño e diferenza é un dobre proxecto expositivo e editorial, que incide sobre todo na súa condición de deseñador, xa sexa no universo da cerámica, do libro ou do tapiz. Pero para iso hai que ter en conta a súa labor como pintor, xa que todas estas disciplina se influencian unhas ás outras dun modo irreversible. A mostra, organizada pola Fundación Sargadelos e coordinada por José Luis Vázquez Montero, compleméntase cun ensaio sobre a figura de Seoane escrito polo teórico David Barro.

Detalles

Fecha:
19 de abril, 2018
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
Teléfono:
982 26 00 00
Web:
deputacionlugo.org
X