Iria Fafián e Nuria Díaz, convidadas ao videopodcast sobre libros e ilustración con creadoras galegas ‘Petíscame’
A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC acolle este martes 28 de marzo, a partir das 17.30 horas, unha nova sesión do videopodcast sobre libros e ilustracións con creadoras galegas ‘Petíscame’, na que participarán como relatoras convidadas as ilustradoras de edicións infantís e cómics Iria Fafián e Nuria Díaz.
O programa ‘Petíscame videopodcast’ é unha iniciativa coordinada pola profesora da
área de Didáctica da Lingua e da Literatura Rocío García Pedreira e apoida polo Servizo
de Normalización Lingüstíca da USC, a través da que se pretende que o alumnado
universitario elabore un videopodcast de divulgación en galego sobre o mundo dos libros
e da ilustración.
O ciclo, dirixido especialmente aos preto de 50 estudantes matriculados na materia
Literatura e Arte, pero aberto á participación do público interesado, está estruturado en oito sesións, nas que participarán como relatoras outras tantas ilustradoras e creadoras
galegas galegas relacionadas co mundo dos álbums ilusrados, cómics e obras literairas
dirixidas á infancia e xuventude.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte