
- Este evento ha pasado.
Concierto de Mojo Experience en el IV Festiblus
11 de mayo, 2018 - 23:30

MOJO EXPERIENCE -FB-
Esta «Explosive Blues Band» nace cun estilo próximo ao Blues clásico no ano 2015 a partires dunha idea de Alejandro Castiñeiras (membro fundador de Clan Moriarty). A finais de 2016, coa entrada de novos membros, o son achégase a unha mistura do Blues co Hard Rock, o Funk e o Soul. Cunha base rítimica de alta voltaxe e unha liña frontal incombustible, esta banda ten por costume crear un directo impredecible e cheo de enerxía, que combina algunha versión con temas propios.
Neste curto período de tempo realizáronse concertos para varios concellos (Santiago de Compostela, dentro da programación das festas da Ascensión e o Apóstolo, Festas de Noia…), algúns festivais (Feito a Man, Vigo Street Stunts…) e actuacións por diversos puntos da xeografía galega.
Gañadores do concurso «Outra más Outra» de Estudios Mans, graban 3 temas en 2017.
Actualmente estase grabando o primeiro LP da banda, con temas propios.
A banda está formada por: Guillermo Vistoso (Guitarra), Diego Negro (Voz), Pau Castiñeira: Coros, Katia del río (Teclado), Alejandro Castiñeiras (bajo), Roque Mosquera (batería)