16.5 C
Lugo
Dom, 4 Jun 2023
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Kurutta Ichipeiji: Cine-Concierto

16 de abril - 19:00

Kurutta Ichipeiji: Cine-Concierto
Iván Ferrer-Orozco medios electrónicos

Domingo, 16 de abril de 2023 19:00 hs. MIHL 

Kinugasa Teinosuke Kurutta Ichipeiji [Unha páxina de loucura] (1926) película e electrónica en vivo

Iván Ferrer-Orozco medios electrónicos

Kurutta Ichipeiji é unha xoia do cinema silente xaponés dos anos vinte do século pasado. Película revolucionaria de gran valor e beleza que foi considerada perdida durante 45 anos ata que en 1971 o propio director atopase unha copia no alpendre da súa antiga casa.

Baseada nunha historia do escritor Yasunari Kawabata -Premio Nobel de Literatura en 1968-, a película ten lugar nun hospital psiquiátrico onde unha muller foi confinada ao perder a razón tras tentar asasinar o seu fillo afogándoo. Intuímos que a razón da súa tolemia son os malos tratos propinados polo seu marido, un mariño case sempre ausente. O marido, aflixido pola culpa, consegue un traballo no hospital como celador para coidar dela.

A filla de ambos os visita á súa nai para tentar anunciarlle o seu inminente compromiso, pero teme que de descubrirse a condición da nai o compromiso sexa anulado baixo a crenza de que a tolemia era un mal hereditario. O pai, cuxa relación coa filla intúese complexa, tratará de axudala e tentará ocultar á nai para evitar que a súa condición salga á luz. No intento de achegarse á súa esposa e de axudala a recuperar a cordura el comezará tamén a perder o contacto coa realidade.

ENTRADA GRATUÍTA – entradaslugo.es – 

Detalles

Fecha:
16 de abril
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

MIHL
Av Infanta Elena, s/n
Lugo,
+ Google Map
Teléfono:
982 29 74 46