miércoles, agosto 17, 2022
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

LED – Bailar agora

14 de mayo, 2021 - 20:00

LED – Bailar agora

Venres 14 de maio “Bailar agora” de Cía Traspediante. 20:00

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara un posicionamento no presente sociale persoal a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.

Marta Alonso Tejada Bailarina, actriz, creadora, directora artística, xestora cultural e docente. Traballa no sector artístico desde o 2008, ano no que funda trasPediante. www.traspediante.com

Desde o 2010 crea e codirixe o Festival de danza e artes do corpo, corpo(a)terra. www.corpoaterra.com

A traxectoria como creadora e intérprete de Marta Alonso Tejada (Ourense, 1983) é multidisciplinar e hiperactiva.

A súa actividade artística traza desde o inicio unha ida e unha volta constante cara á danza e ao movemento que no percurso se achega ao teatro físico e ao circo.

A danza, o humor, a interación co público e a cercanía xeran nas súas creacións unha atmosfera particular do cotiá, do natural, do común e do esperanzador que se comparte na escena.

Na actualidade vén de estrear a peza BAILAR AGORA (Outubro, 2020), unha coprodución de Marta Alonso Tejada, trasPediante e o Centro Coreográfico Galego, Agadic – Xunta de Galicia.

www.martaalonsotejada.com

Interpretación: Marta Alonso Tejada. Autoría: Victoria P. Miranda, Marta Alonso Tejadae Pablo Reboleiro, Coreografía e movemento: Victoria P. Miranda. Dirección: Marta Alonso Tejada, Asistente de dirección: Pablo Reboleiro. Vestiario: Uxía P. Vaello.mmDeseño de iluminación: Laura Iturralde.Espazo sonoro: Xavier Bértolo.Produción: Marta Alonso e Manu Lago.Coproduce: Centro Coreográfico Galego, Agadic -Xacobeo 2021 – Xunta de Galicia. Colaboran: Teatro Ensalle, Concello de Nogueira,

Obras para público adulto:

5 €. Desconto do 30 % para persoas en paro, menores de 30 anos, pensionistas e actores e actrices asociados á AAAG.

*Dúas por usuario.

FORMA DE ADQUISICIÓN:

ENTRADAS: A través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

 

•Venres 4 de xuño. “HARA” de Andrés Corchero.

•Venres 18 e sábado 19 de xuño. “Señora” de Rebeca Carrera e “Debut” de Rosa Romero.

•Venres 24 de setembro do 2021. “Technocracia” de Funboa Escénica.

•Venres 29 outubro do 2021. “Em-na” de Colectivo Glovo.

Detalles

Fecha:
14 de mayo, 2021
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
Teléfono:
982 24 44 05
X