
- Este evento ha pasado.
Liberdades Sonoras: Clothilde en concerto
3 de mayo, 2019 - 20:00

Liberdades Sonoras: Clothilde
Venres 3 de maio
Vello Cárcere de Lugo
Portas 20:00
Entrada libre ata completar capacidade
Sofía Mestre, alias Clothilde, gravou o seu primeiro álbum ‘Twitcher’ (Labareda, 2018) a piques de cumprir os 40. Para iso utilizou tecnoloxía exclusiva: modulares e outros aparellos feitos a man, polos que déixase impulsar e guiar. Con eles crea texturas, patróns e melodías que se difuminan nun fluxo harmónico e sensorial, reminiscente da herdanza do post- minimalismo. A súa combinación única de claridade, fluxo de pensamento e estrutura musical fai que o seu traballo destaque entre os artistas máis atípicos de Portugal.
LIBERDADES SONORAS
O programa Liberdades Sonoras, cunha liña clara e definida de contidos diseñada especificamente para o Vello Cárcere de Lugo, propón unha serie de espectáculos que, en contraposición á función do edificio nos seus usos pretéritos, acheguen hoxe á cidade un valor cultural engadido, unha fonte de desenvolvemento e cohesión social, de exploración e de descubrimento.
Promove: CLAP Lugo – Work on Sunday – Cultura e Turismo de Lugo
O próximo concerto: HOLYWATER